Skip to main content
Foz

O CEIP Plurilingüe Número 1 de Foz participou na XI Limpeza Simultánea de Praias

Por 24 Outubro, 2022Outubro 25th, 2022Sin comentarios

Durante a pasada fin de semana (14 e 15 de uutubro), máis de 30 entidades e máis de 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño.

Nesta undécima edición da Limpeza Simultánea de Praias retirouse, en total, case unha tonelada de lixo dos nosos areais. Aínda que o tempo non acompañou, non foi impedimento para a maioría das persoas voluntarias realizaran a acción, aínda que algunhas foron canceladas e intentarán facelo ao longo desta semana. Na Mariña o participante foi o CEIP Plurilingüe Número 1 de Foz e actuou na praia da Rapadoira.

Na actividade coordinada por Adega, participaron centros de ensino, asociacións, escolas de surf, particulares de todo o territorio galego, que traballaron de xeito organizado na praia elixida por eles mesmos.

De entre o lixo retirado, tiveron moita presenza as cabichas, os pauciños dos ouvido, algunhas máscaras e, como vén sendo habitual restos plásticos. Ademais, adoitan aparecer residuos menos convencionais como calzado, traxes de baño, bidóns antigos, garfos …

Con este tipo de accións, a organización pretende poñer o foco sobre a problemática dos residuos nos nosos areais despois da tempada turista así como a importancia de conservar a nosas praias libres de lixo, evitando que acabe no mar. Ademais, ADEGA incide en que as limpezas de praias non deben de ser feitos illados, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida e de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita.