Skip to main content
Mondoñedo

O PSOE di que o Concello renuncia a unha subvención para as obras da praza da Catedral

Por 4 Outubro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

O Grupo Socialista de Mondoñedo interpelou, na pasada sesión plenaria do mes de setembro, ao Goberno do PP para coñecer en que proceso se atopa o proxecto e as obras da praza da Catedral de Mondoñedo, despois das última xuntanza celebrada en Madrid coa arquitecta contratada polo Concello para realizar este proxecto.

Nesta sesión plenaria informouse que o Concello renunciou a subvención concedida polo Ministerio de Fomento relativas ao 1,5% cultural, e que supoñían unha achega económica para as arcas municipais de arredor de 180.000 euros. Unha obra que comezou en decembro do 2021 e nas que se inclúen 6 modificacións de proxecto, e a día de hoxe seguen se rematar.Dende o Concello tamén sinalaron que agora esta obra vai ter un sobrecuste de 120.000 euros, é dicir que o custe total do proxecto rondará os 300.000 euros.

A voceira socialista, Esperanza González sinalou “que este proxecto naceu con mal pé e sen consenso, e polo que comprobamos diariamente vai ser a obra coa que o PP pasará á historia, sobre todo polo tempo que esta empregando para executala, xa parece unha obra de romanos. Ademais estamos falando da Praza máis importante do Concello, non é de recibo que este lugar emblemático da nosa cidade sexa a carta de presentación para os nosos veciños e turistas. Cada día recibimos queixas da veciñanza do lamentable estado no que se atopa este entorno”, replicou.

González criticou tamén que este é o segundo proxecto do PP de Mondoñedo no que é capaz de executar coa subvención que tiña concedida. Hai que lembrar que tampouco puido xustificar os preto de 100.000 euros das obras do ximnasio municipal, que actualmente segue sen rematar, sen funcionar e sen data apertura.

ROGOS

Na sesión plenaria o Grupo Socialista demandou “que se instale un cambiador para bebés, nunha dependencia municipal, ben sexa o centro comercial, concello ou noutro sitio que considere convinte”. Ademais tamén demandamos que se nos entreguen as actas das xuntas de Goberno “xa que non recibimos a documentación de concello dende o mes de abril”.