Skip to main content
Ribadeo

Estase a acondicionar o aparcadoiro da contorna do teleclube Couxela, en Ribadeo

Por 4 Outubro, 2022Outubro 7th, 2022Sin comentarios

Estase a acondicionar o aparcadoiro da contorna do teleclube Couxela, en Ribadeo, cun investimento autonómico de 15.300 euros. Unha medida que os veciños da parroquia levan demandando desde fai moito tempo polo incremento da poboación na vila e que gracias ao apoio da Goberno galego“vai a ser posible”.

Segundo o voceiro Popular Daniel Vega “nós como grupo municipal escoitamos as quiexas dos veciños e xestionamos os 15.300 euros para que a iniciativa fora posible” di. Ademais, o explicou que “é o primeiro dos aparcamentos que vamos a facer nas parroquias e haberá máis, pois os veciños demandan cada vez máis estos espazos que se convertin en puntos de interese”.

OBRA

Os traballos que se van a facer en Couxela para a construcción do aparcadoiro son moi amplos. A eliminación da soleira, que estaba destrozada, e a súa susbstitución por unha nova soleira de hormigón de máis de 160 metros cuadrados, a canalización dos pluviais, a construcción dun muro laterla para protexer os vehículos e a elimnación de barreiras arquitectónicas, “algo fundamental para que todos os que lle den uso poidan chegar facilmente ao teleclube” engade Vega.