Skip to main content
Ribadeo

Abre a inscrición en Ribadeo para o programa de formación para a dixitalización de mulleres

Por 9 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Desenvolvemento Local, colabora na posta en marcha do programa de dixitalización para mulleres Galegas Dixitais.

Está dirixido a mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego, e ten por obxectivo mellorar as capacidades dixitais das mulleres residentes en zonas rurais, de cara a  incrementar o seu nivel de empregabilidade e impulsar o emprendemento, así como reducir a fenda de xénero existente no acceso ao emprego e ás novas tecnoloxías.

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende o nivel máis básico ao máis elevado. A formación é totalmente gratuíta e dará comezo o día 17 de outubro, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. Impartirase na Casa do Concello.

As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto co Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ribadeo  a través do teléfono 982 128 650, por WhatssApp no 698 19 75 18, ou a través da páxina do programa: www.galegasdixitais.es