Skip to main content
Ribadeo

Aberta a inscrición para os Amigos da Gaita Galega

Por 12 Outubro, 2022Sin comentarios

A asociación de Amigos da Gaita de Ribadeo informou de que xa dispón do cartel que anuncia a festa da Xira a Santa Cruz para este ano.

A xornada festiva dará comezo o sábado 6 de agosto ás 19.30 horas cos pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita, e continuará ás 20.00 horas no Cine Teatro co pregón homenaxe 60 aniversario e a actuación das Escolas.

Ao día seguinte, ás 12.00 horas no monte de Santa Cruz haberá a tradicional festa amenizada polo grupo polense Leña Verde, e tamén no Cantón dos Moreno haberá diferentes actuacións das escolas e pasarrúas a cargo de Xaramolos.

A continuación será a subida ao miradoiro da área recreativa homónima para pasar unha xornada campestre con comidas no campo e música tradicional galega.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, será a ofrenda floral no Monumento ao Gaiteiro e despois pechará a cita festiva o concerto de Xisco Feijoó e Pelepau.

Este colectivo é o organizador dunha cita na que colabora o Concello e diferentes administracións galegas.