Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Apaga Ribadeo impartirá un curso de diagnose con osciloscopio

Por 11 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

 A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retoma a súa actividade formativa en Ribadeo este sábado, 15 de outubro. Será cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas. Está dedicado á utilización do osciloscopio como elemento de diagnose nos vehículos; é eminentemente práctico, con 8 horas de duración. Empezará ás dez da mañá e acabará ás oito da tarde e hai 10 prazas”.

Doural subliña que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas”. 

Desde a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia o seu presidente, Álvaro Doural, engade que “o curso de osciloscopio vaino impartir un profesor do Centro Integrado de Formación Profesional Ferrolterra, Jesús Sánchez de Toca Treviño, que xa nos deu outros cursos. E o de pneumáticos vai impartilo o xerente de Talleres Martín, de Ribadeo”.