Skip to main content
Ribadeo

Veciños de Ribadeo queixanse do estado dos aparcadoiros

Por 20 Outubro, 2022Sin comentarios

Veciños de Ribadeo veñen de reclamar melloras nos aparcadoiros da vila pois segundo explican, “Ribadeo só conta cun único aparcadoiro decente que foi feito na época do goberno do Partido Popular”.

Segundo estes veciños, “o alcalde ribadense leva case 12 anos ao fronte do noso Concello, e só conseguiu como aparcadoiros uns solares prestados que dá pena velos, sobre todo cando chove”.

A veciñanza relata que os aparcadoiros “que deixará o alcalde de Ribadeo na súa lexislatura son o da rúa de Rosalía de Castro, o da rúa Ramón Gonzalez e o da rua do Pipelo”, din, “este último por riba conta cunha gran pendente polo que cando chove, o barro que ten a saburra baixa á rúa arrastrado pola auga e deixándoo nunhas pésimas condicións”, conclúen os veciños.