Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Aberto o prazo para o Mercado de Nadal de Ribadeo

Por 30 Outubro, 2022Sin comentarios

Volve un ano máis o Mercado de Nadal de Ribadeo, que se desenvolverá os días 7, 8, 9, 10 e 11 de decembro de 2022. O horario de apertura do mercado será de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas. O día 7 de decembro, o horario será únicamente de tarde 17.00 a 21.00 horas.

O mercadiño de Nadal de Ribadeo quere ser un espazo de oportunidade para as persoas profesionais relacionadas coa artesanía, deseño e creación, así como para as persoas produtoras, dando visibilidade ao seu traballo e ao talento creativo e innovador. Está especialmente dirixido a produtores e creadores da zona.

Para participar será necesario ser artesán con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidos de forma artesanal e sexan de autoría propia. Tamén poderán participar produtos de alimentación e gastronomía artesanal.

Así mesmo tamén poden participar persoas creadoras, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño; artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes e moda que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa autoría propia e a distribución sexa a pequena escala.

O Concello establecerá un prezo 150 euros pola participación de cada persoa solicitante e caseta e o prazo para presentar a solicitude estará aberto ata o 1 de novembro.

Poderán solicitar a participación aquelas persoas que ademais de cumprir os requisitos de participación estean dadas de alta no réxime de autónomos ou réxime correspondente e na actividade que lle corresponda

O prazo para a solicitude de participación estará aberto ata o 11 de novembro, con carácter xeral, ata o ás 14.00 horas no Concello ou na Sede Electrónica.

Pode consultarse a información completa no seguinte enlace.