Skip to main content
Axenda CaducadaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Cantabria

Por 11 Outubro, 2022Outubro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Riotorto ten programada unha excursión a Santander que se celebrará os días 22 e 23 de outubro.

A viaxe dará comezo ás 7.00 horas dende a gasolinera da localidade. Tras un almorzo en Cudillero, no restaurante A Lupa, visitarán as localidades de San Vicente de la Barquera, Comillas e Santillana del Mar pola mañá e, pola tarde, estarán en Ajo e Santoña.

Os asistentes pasarán a noite nun hotel de castro estrelas en Santander ao que chegarán ás 20.00 horas.
Ao día seguinte, farán unha visita guiada pola localidade de Santander. Tralo xantar, haberá tempo libre e o regreso está previsto para as 18 ou 19.00 horas.

O prezo da viaxe é de 110 euros por persoa e só haberá 50 prazas, tendo preferencia os usuarios dos centros veciñais.
As persoas que desexen acudir deberán anotarse cos monitores dos centros veciñais ou no Concello antes do 16 de outubro.