Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

A concentración de motos do Valadouro xa ten data para o 2023

Por 2 Outubro, 2022Febreiro 16th, 2023Sin comentarios

O Moto Club Valadouro vén de publicar nas súas redes sociais que a súa habitual concentración de motos, que este ano chegará á súa XXVI edición terá lugar entre o 5 e o 7 de maio de 2023 nesta localidade mariñá.

Polo momento non hai programa pero prevese que coma outros anos a concentración desenvolverase dende as 21.00 horas do venres cunha merenda e un concerto, así como diferentes actividades como mercado, rutas, exhibicións acrobáticas e rutas.