Skip to main content
O Valadouro

O valadourense Grande Amore gañou o Martín Códax da Música ao mellor proxecto de música electrónica

Por 9 Outubro, 2022Sin comentarios

O músico valadourense Nuno Pico, máis coñecido como Grande Amore, vén de recibir na gala celebrada o pasado mércores o premio Martín Códax da Música ao mellor proxecto de música electrónica.

Grande Amore naceu a mediados do 2019 coa idea de xogar co techno, o rock and roll e o pop dos 80 dende a óptica da música electrónica actual. Ese mesmo ano, edita os seus primeiros singles “Todo ou Nada” e “Esta Cruz”, moi influenciados por correntes estilísticas como o Italo Disco ou o High Energy. A mediados de 2021, e logo de diversas colaboracións con artistas como Ortiga, Verto ou Mundo Prestigio, sae á luz o seu primeiro álbum, de título homónimo, no que se mostra máis cercano ao post-punk, o darkwave e os sons industriais.