Skip to main content
Viveiro

O BNG de Viveiro recolleu 450 sinaturas para a mellora da Misericordia

Por 3 Outubro, 2022Sin comentarios

Veciñas e veciños da Misericordia xunto con Míriam Bermúdez, portavoz do BNG de Viveiro, rematan de rexistrar no Concello de Viveiro un total de 450 sinaturas demandando a creación dun acceso na rúa Calvario que permita o paso de vehículos de emerxencias e de servizos básicos.

As sinaturas recollidas e o seu rexistro no Concello de Viveiro, permitirán agora á veciñanza incluír o asunto no vindeiro pleno do 4 de outubro para “exixir á alcaldesa, María Loureiro, que tome cartas no asunto resolvendo a situación desta veciñanza que está a pagar os seus impostos sen recibir servizos básicos, como ambulancia, bombeiros, a simple recollida de lixo de forma funcional… E sen garantirse a seguridade pública destas persoas”..

“A demanda da veciñanza da Misericordia e que tamén defende o BNG, é que se modifique a normativa puntualmente, como xa se fixo en anteriores ocasións cando lle interesou ao Concello de Viveiro, para así poder abrir a pista que leva proxectada dende hai anos na que existen acordos coas persoas propietarias das parcelas a expropiar para a creación da mesma”, incide Míriam Bermúdez.