Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

A Asociación Xuvenil Xoldra celebrará o seu XXV Aniversario

Por 15 Outubro, 2022Novembro 6th, 2022Sin comentarios

A Asociación Xuvenil Xoldra celebrará o seu XXV Aniversario os vindeiros 4, 5 e 6 de novembro e ao que convidan á veciñanza a celebralo con eles.

Así, están a organizar unha fin de semana chea de malabares, maxia, teatro e concertos e nos que xa están comezando a confirmar algúns actos.

Contarán polo momento con A vida tola de Pajarito, unha pallasa que encherá de risas o auditorio de Mondoñedo coas súas tolerías, con Cé Orquestra Pantasma, un verdareiro home orquestra e Viti Gutier, que fará as mellores versións de Eric Clapton, Bruce Springsteen e PinkFloyd. Todos eles o venres 4 de novembro.

Abrindo o sábado 5 estará Kote Malabar, cun obradoiro e exhibición de malabares para todos os públicos. E na noite Estarán The Rapants, Lisdexia, a equipa de High Paw e Banana Joe.