Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro reclama a limpeza e pintado das pérgolas e o muro do Paseo de Covas

Por 12 Outubro, 2022Sin comentarios

O PP de Viveiro reclama a Loureiro a limpeza e pintado das pérgolas e o muro do Paseo de Covas.

Óscar Rodríguez, portavoz popular, sinala: “no Paseo de Covas hai cinco pérgolas. O Concello só limpou e pintou unha hai xa algún tempo, pero nas outras non fixo nada. É unha pena que teña as pérgolas e o muro do paseo no estado en que se atopan, cheos de sucidade e sen pintar”.

Os populares din que, dado o tempo transcorrido do actual mandato, se o goberno local avanza ao mesmo ritmo na mellora das pérgolas, necesitará uns seis anos para completar un traballo que debería estar feito dende hai moitos meses.

Rodríguez explica: “O Paseo de Covas e un dos grandes escaparates de Viveiro. Por iso non entendemos por que o goberno local non fai algo para melloralo, porque o certo é que sufre un deterioro acelerado”.

Os populares reclaman á socialista María Loureiro, unha vez máis, que saia da súa zona de confort e traballe por Viveiro, e, neste caso concreto, adopte as medidas necesarias para limpar e pintar as pérgolas e o muro do Paseo de Covas. Rodríguez di: “A alcaldesa quizá non fai nada por mellorar o paseo porque no ve rendibilidade electoral neste traballo, pero, sexa como sexa, é algo que hai que facer canto antes, porque senón chegará o próximo verán e todo estará igual, non, peor, que está agora”.