Skip to main content
Viveiro

A Uned implanta en Viveiro novas titulacións para este curso

Por 15 Outubro, 2022Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseiras, presentaron a campaña de matrícula para o curso 22-23 e as novas titulacións que se implantan no centro de Viveiro.

Tanto a directora da UNED de Lugo como a alcaldesa amosaron a súa satisfacción pola implantación de tres novos graos, que permitirán ao alumnado da Mariña estudar ‘Maxisterio: Educación Infantil’, Enxeñería da Enerxía ou Ciencias Ambientais a través da modalidade semipresencial, sen desprazarse do seu lugar de orixe.

As tres carreiras cursaranse en catro anos na modalidade semipresencial. A UNED non ten prazas límites, polo que todo o alumnado que desexe cursar os graos simplemente ten que cumprir cos requisitos de acceso.

María Loureiro destacou “a colaboración fluída coa UNED, que no Concello de Viveiro está máis que consolidada, e que é garante de formación universitaria de calidade e proximidade para a sociedade mariñá”. Tamén aproveitou para felicitar á UNED polo seu 50 aniversario.