Skip to main content
Viveiro

A Deputación apoia a celebración de Superarte, en Viveiro, no seu día inaugural

Por 18 Outubro, 2022Sin comentarios

O deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou xunto á alcaldesa de Viveiro e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, na inauguración de Superarte, que se desenvolve na localidade mariñá ata o 23 de outubro. A Deputación de Lugo apoia esta iniciativa “en favor da inclusión, da diversidade e dos valores sociais”, explicou García Pernas. 

O Deputado felicitou á rexedora e ao seu equipo de Goberno por promover este proxecto, co que “poñen de manifesto o seu fondo compromiso coas políticas sociais, aquelas que contribúen a facer mellor, máis igualitaria e máis xusta a nosa sociedade”, e que tamén centran a acción do Executivo provincial. “Entendemos que a Administración local, na medida que somos a máis próxima á veciñanza, ten que involucrarse dun xeito especial nestas políticas”, sinalou Roberto García Pernas.

Neste sentido, incidiu en que “a diversidade funcional precisa aínda visibilidade para avanzar no camiño da normalización, e empregar a cultura como mecanismo para darlle presencia e voz é un gran acerto”. Superarte, engadiu, tamén “di moito do carácter loitador e solidario de Viveiro e de toda A Mariña. Unha comarca que sempre ten presente os valores fundamentais de convivencia e solidariedade, e que sempre loita por superar as circunstancias adversas”.

A mostra de teatro compleméntase durante toda a semana con charlas, contacontos, un mercado e un concurso en colaboración co Centro Comercial Histórico viveirense.