Skip to main content
Xove

Xa hai gañadores do VIII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove

Por 28 Outubro, 2022Outubro 29th, 2022Sin comentarios

Segundo premio de Antonio Herrera Huerta coa obra Rescate en Sarón, e o quinto de José Manuel Arroyo Gimeno coa obra Faro de Roncadoira

O Concello de Xove, a través da Concellería de Medioambiente convocou a comezos do verán o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso existiu unha única categoría e o xurado, composto polo fotógrafo xovense Santos Cordovilla e un fotógrafo de prensa, foron os encargdaos de agasallar aos gañadores.

Así, o primeiro premio valorado en 120 euros foi para David Mariño Bouza coa obra Playa de Reboeira; o segundo de 100 euros foi para Antonio Herrera Huerta coa obra Rescate en Sarón, o terceiro de 90 euros acadouno Germán Paleo Navaro coa obra Néboa no Roncadoiro, o cuarto valorado en 75 euros conseguiuno María Isabel Pérez Martínez co Solpor dende Morás e o derradeiro de 65 euros foi para José Manuel Arroyo Gimeno coa obra Faro de Roncadoira.

Primeiro premio de David Mariño Bouza coa obra Playa de Reboeira; o terceiro de Germán Paleo Navaro coa obra Néboa no Roncadoiro,e o cuarto de María Isabel Pérez Martínez con Solpor dende Morás.