Skip to main content
Axenda CaducadaBarreirosDeportes AMARIÑAXA

O 20 de novembro será a I Marcha BTT AD Augas Santas Barreiros

Por 17 Outubro, 2022Outubro 20th, 2022Sin comentarios

A AD Augas Santas de Barreiros organiza para o vindeiro 20 de novembro a I Marcha BTT polo Concello na que se pretende desfrutar dos sendeiros e montañas da contorna.

O percorrido da marcha realizarase no seu 90% por camiños e pistas forestais ben marcados, habendo tamén algún carreiro técnico e pista algo rota. O tráfico estará aberto á circulación de vehículos polo que nos cruces con estradas haberá que seguir o código de circulación.

Poderán tomar parte do roteiro os maiores de 18 anos e os menores de idade poderán facelo con autorización paterna.
Contará con dúas distancias a longa de 33 quilómetros e 1286 metros de altitude e a curta de 22 km e 750 metros. A saída realizarase desde a pista de Padel de San Miguel de Reinante ás 9.30 e a chegada será no mesmo lugar.

As inscricións realizaranse a través da plataforma de championchipnorte ata o día 15 de novembro de 2022 ás 23.59 horas. Con todo por motivos organizativos, existe un límite de 150 prazas, no que unha vez alcanzado pechariamos inscricións. O prezo da inscrición será 24 euros.

Os dorsais poderán ser retirados o sábado de 17:30 a 19:30 na propia pista de padel de San Miguel de Reinante (lugar de saída) ,e o domingo desde 8:00 da mañá ata 15 minutos antes do inicio da proba. Para a súa recollida será imprescindible presentar o DNI ou pasaporte que identifique ao ciclista.