Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A Pontenova volverá celebrar a Feira de Artesanía e Antigüidades

Por 23 Outubro, 2022Outubro 24th, 2022Sin comentarios

O Concello da Pontenova volverá acoller unha nova edición da súa Feira de Artesanía e Antigüidades de primeiros de decembro e que este ano chega a décimo quinta edición.

Esta celebración que será os días 3, 4, 5 e 6 de decembro terá lugar na praza dos Fornos onde se instalarán como noutras ocasións numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñen artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro.

O evento podería contar tamén coa presenza de artesáns que realizarán talleres en vivo sobre torno de madeira, a cestaría en vimbio, a forxa de ferro, a pintura decorativa, o coiro e sobre ecolámpadas de cabaza, malia depende das medidas sanitarias.

Tamén será a VI Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos.