Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

O Concello de Ribadeo organiza unha charla sobre a factura da luz e do gas

Por 23 Outubro, 2022Outubro 28th, 2022Sin comentarios

O Concello organiza unha charla informativa sobre como mellorar a factura da luz e do gas. Será o 28 de outubro ás 20:30 horas no Teatro. Será impartida por Emilio García, técnico de instalacións e profesional independente.

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “a segunda cuestión de hoxe é axudar á cidadanía a entender a factura do gas e da luz que todos pagamos, e moitos de nós, empezando por quen está a falar, temos moitas dúbidas e moitas preguntas que non teñen fácil resposta. A cidadanía recibimos mensaxes dos mercados libres, mercados regulados, tarifas de último recurso. Chamamos a teléfonos de compañía que non nos collen, mandamos correos que non respondan, etc, etc”. 

O rexedor contou que “para iso que organizamos unha charla informativa aberta sobre como mellorar a factura do gas e da luz. Queremos axudar a dar información sobre as opcións actuais de aforro enerxético e de aclaración de tarifas”.

E engadiu: “para iso pedímoslle que nos acompañe a Emilio García, que é un técnico de instalacións, un profesional independente que ten coñecementos profundos sobre a realidade do día a día e que non está vinculado con ningunha compañía enerxética. A charla será o vindeiro 28 de outubro ás 20:30 no Teatro de Ribadeo”.