Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

Volve o desfile de Samaín polas rúas do Vicedo

Por 27 Outubro, 2022Outubro 29th, 2022Sin comentarios

Este luns 31 de outubro, a partir das 19.30 horas, terá lugar o Desfile de Samaín do Vicedo. O lugar de saída e regreso será a casa da cultura e, como unha das novidades, haberá que levar unha sábana branca a modo de hábito ademais de sorpresas terroríficas dulces durante o mesmo.

Lembran que cada participante deberá portar unha cabaza e ao remate do desfile haberá unha chocolatada para os asistentes por cortesía do APA O Vicedo.

Unha novidade deste ano será o obradoiro de lámpadas terroríficas que organiza a APA o luns 31 pola mañá para nenos e nenas de Primaria, do que informará máis ampliamente a propia asociación.