Skip to main content
Axenda CaducadaXove

O Concello de Xove organiza varias actividades de Samaín

Por 27 Outubro, 2022Outubro 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove organiza unha serie de actividades de Samaín o sábado 29 e luns 31 de outubro no centro xuvenil para que os cativos o “pasen de medo”.

A primeira, a do sábado, dará comezo ás 16.30 horas baixo o nome de A Santa Compaña. Canto sabes ti desta lenda?. Xa ás 17.30 horas haberá un obradoiro de tatoos arrepiantes, e ás 19.00 horas o I Reto Challenge Paseando coa Santa Compaña.

O luns 31 de outubro será a quenda dos xogos de mesa de terror entre as 16.30 e as 19.30 horas.

Para participar será necesario anotarse previamente na Omix ou chamando ao teléfono 982 571 816.