Skip to main content
Portomarín

Aberto o prazo de inscrición para a VI Ruta da Anguía en Portomarín

Por 21 Outubro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O próximo 6 de novembro Portomarín acolle a VI Ruta da Anguía organizada polo club ciclista Os Anguías BTT. Este evento deportivo terá a consideración de marcha cicloturista en BTT non competitiva.

O percorrido terá unha distancia de 45km cunha ascensión acumulada de 1300 e unha dificultade física e técnica alta. A saída terá lugar ás 9.30 da praza Conde Fenosa ó carón da igrexa de San Nicolás.

Esta edición contarán con unha unha ruta de corte opcional de 35 km cunha ascensión acumulada de 900m e cunha dificultade física e técnica media alta. Esta ruta será obrigatoria para os participantes que non cumpran o tempo de corte determinado pola organización.

As inscricións poderán realizarse aquí ata o 3 de novembro ou ata que se esgoten as 300 prazas dispoñibles.

O rematar a ruta haberá un avituallamento final con empanadas de anguía e pinchos variados (tiras a brasa, panceta, tortillas ou pinchos de embutido e queixos variados) así como uns tiradores de cervexa e outras bebidas.