Skip to main content
Monterroso

Monterroso celebra hoxe un acto conmemorativo e mañá a Feira de Santos

Por 31 Outubro, 2022Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso acolle hoxe 31 de outubro un acto de conmemoración dos 800 anos da Feira de Santos.

O acto, organizado polo Instituto de Estudos Ulloáns, será ás 19.00 no salón de actos do centro sociocultural. A vila de Monterroso celebra a Feira de Santos dende hai máis de oitocentos anos ininterrompidamente, o que a convirte na feira con máis antigüidade e tradición de Galicia

O acto, coordinado pola filóloga e historiadora María José Gómez Alvite, comezará coas intervencións de Rocío Seijas, alcaldesa de Monterroso, e de Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns, seguidas da lectura dun fragmento da Crónica Compostelana e de textos de Otero Pedraio, Manuel Amor Meilán, Darío Xohán Cabana, Miguel Yebra Varela, Antonio Xiz Ramil e Lorenzo Varela.

O poeta Toño Núñez, o músico José Miguel G. Miguélez e o actor Brais Gayoso interpretarán no acto obras do romanceiro galego.

A Feira de Santos considerada Feira de interese turístico Galego terá lugar mañá 1 de novembro.

Toda a vila énchese de postos, con gran variedade de produtos, nos que se poderá mercar dende queixos, produtos de tempada como castañas ou mel ata artesanía e roupa.

A Feira de Santos conta ademais cunha feira de gando, haberá música para amenizar a xornada e tamén a posibilidade de poder desfrutar dun rico polbo a feira.