Skip to main content
O Páramo

A iniciativa Espazos das Familias chega ao concello do Páramo

Por 7 Outubro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

Este novo curso 2022-2023 o concello do Páramo conta coa iniciativa Espazos das Familias, unha actividade levada a cabo en conxunto coa asociación socio-educativa Antonio Gandoy.

O obxectivo principal deste proxecto é que os pais e nais, en definitiva as familias, conten cun lugar e un tempo onde compartir, debater e reflexionar sobre a experiencia da crianza dos nenos e nenas. É unha ferramenta a través da cal os proxenitores poden coñecer cales son as actividades máis axeitadas para acadar o mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas, tendo en conta a súa idade e o trato con diferentes adultos.

Tanto se o teu fillo ou filla asiste á escola infantil coma se non, pódese participar nesta iniciativa xa que é un espazo de Formación de Pais. A xuntanza realizarase tódolos martes lectivos para compartir dúbidas e experiencias coas demais familias, facendo actividades axeitadas para cada idade e respectando as medidas de seguridade e hixiene que a situación sanitaria requira en cada momento.

Para coñecer máis polo miúdo o funcionamento e contido dos Espazos das Familias pódese chamar ao teléfono 676 427 643 (Gloria) ou enviar un correo electrónico ao enderezo antoniogandoyeducacion@gmail.com

A ASOCIACIÓN

A asociación socio-educativa Antonio Gandoy é unha entidade sen ánimo de lucro que, conformada por extraballadores da extinguida Fundación Preescolar na Casas, ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade á tarefa socioeducativa desenvolvida por Preescolar na Casa. Ofrece aos familiares con nenas e nenos de cero a seis anos a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e cunha profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras e que compartan dúbidas.