Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Club Warterpolo Lugo consegue unha vitoria histórica

Por 17 Outubro, 2022Sin comentarios

O Club Waterpolo Lugo vén de disputar o seu primeiro encontro de liga o pasado domingo na piscina de Frigsa con unha gran vitoria. O equipo absoluto masculino compite por segundo ano consecutivo na División de Honra masculina, máxima competición a nivel autonómico e esta fin de semana enfrontouse o Club Waterpolo Pabellón Ourense.

Os lucenses comezan a tempada da mellor forma posible, cun resultado final de 10-9 e acadan a súa primeira vitoria, non só para esta tempada, xa que é a primeira vez que o club gaña un partido en competición oficial.

O equipo dirixido por Xavier Moreno comezou adiantándose no marcador cun 2-0 e rematou o primeiro cuarto cun parcial de 4-3 mostrando unha gran actuación en ataque nos primeiros minutos do encontro. A defensa foi clave no segundo cuarto cunha gran actuación do porteiro que foi moi importante para chegar ao descanso cun marcador 6-4. O equipo lucense tamén se impuxo nun terceiro cuarto moi disputado cun parcial de 3-2 que deixaba un eléctrico de 9-6 para dar comezo ao último tempo.

Os lucense aguantaron ben os últimos minutos de partido cando un acertado Pabellón Ourense impúxose cun parcial de 1-3 que outorgaba a vitoria ós lucenses por só un gol de diferenza. Malia o axustado resultado final  o equipo de Lugo mantívose en todo momento por diante no marcador conseguindo nalgúns instantes do partido ata catro goles de ventaxe sobre os ourensáns.

O Club Waterpolo Lugo inaugura así esta tempada cunha vitoria do seu equipo masculino, que é a primeira da súa historia en competición oficial, para seguir crecendo e afianzando un proxecto que naceu hai xa catro anos.