Skip to main content
Baralla

O Concello de Baralla organiza un concurso fotográfico para crear o calendario anual

Por 19 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Baralla organiza o concurso fotográfico Baralla, un paraíso escondido en 14 fotos, o noso calendario veciñal para crear un calendario para o vindeiro ano 2023 co fin de fomentar a participación cidadá nunha actividade comunitaria e compartida.

O calendario editarase con 14 imaxes, unha por cada mes e outras dúas para a portada e a contraportada que serán seleccionadas por un xurado. O calendario será distribuido entre os veciños do municipio de forma gratuíta.

Poderán participar no concurso de fotografía todas aquelas persoas físicas, empadroadas ou non no municipio de Baralla e as fotografías poderán realizarse en calquera lugar do municipio de Baralla. Deberán ser orixinais, inéditas e actuais e que non fosen expostas, publicadas ou difundidas por ningún outro medio.

As persoas que desexen participar no concurso fotográfico deberán remitir un correo electrónico ao seguinte enderezo: concellobaralla@concellobaralla.es antes do 7 de novembro ás 23.59 que remata o prazo de inscripción. Pódense consultar as bases completas do concurso aqui.