Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A Feira da Galiña de Mos será este domingo sen animais vivos

Por 28 Outubro, 2022Sin comentarios

Tras dous anos de sequía, este domingo 30 volverá celebrarse a Feira da Galiña de Mos, na parroquia de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, na que os criadores desta afamada galiña porán en valor os seus exemplares aínda que este ano sen a presenza dos animais por mor da gripe aviar.

A feira, que chega a súa undécima edición, contará coa feira de artesanía pero no haberá o tradicional concurso nin a exposición de galiñas xa que a normativa da Xunta impide a concentración de animais para evitar a expansión da gripe aviar. Esta mostra está organizada todos os anos por Avimós, a Asociación de Avicultores de Raza Galiña de Mos.

Xa ás 11.30 será a Foliada de Bosende e despois chegará o punto principal da xornada, a degustación, que dará comezo ás 13.30 horas co reparto de racións a un prezo de 11 euros e que consistirán en empanada, polo, patacas, ovos e queixo con bebida engadida.

Previsiblemente, serviranse un total de 800 racións como anos anteriores, e os tickets poderanse adquirir nun stand colocado pola organización e estarán á venda dende dous días antes por parte da organización ou o mesmo día da feira.

No apartado musical, destaca a actuación de José Amido de Roás ás 16.00, e para rematar a xornada haberá xogos populares coa asociación Cadaval.

Debido á supresión dunha parte da feira, o Concello contratou unha demostración de talla de madeira e de cantería por artesáns, que servirán para dar engadido á feira.

Ademais, para completar a xornada, haberá unha exposición de vehículos clásicos que farán unha ruta dende Castro Ribeiras de Lea ata San Xiao de Mos, pasando por Castro de Viladonga, Sagrado Corazón e Santa Leocadia.

A inscrición para participar terá lugar a partir das 9.30 horas na caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea. A comitiva sairá ás 11.00 horas.