Skip to main content
Axenda CaducadaCastroverde

Castroverde acolle unha homenaxe a Paco Pestana

Por 8 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

O próximo 15 de outubro o concello de Castroverde acolle unha homenxe o artista Paco Pestana organizado pola Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde.

O xornada dará comezo ás 9.30 con unha saída en autocar dende a praza do Concello para realizaar ás 10.00 o roteiro Peredo – Castroverde que terá un percorrido de 7 quilómetros aproximadamente.

Ás 14.00 haberá un xantar e a partir das 16.30 actuacións musicais na igrexa de Castroverde con entrada libre. Os grupos que actuarán serán, As Cegas de Ouselle e o cuarteto vocal Son de Corda con Elena Fernández ó piano. Tamén haberá intervención de Ánxela Gracián e Suso Trashorras.

É necesario comunicar asistencia no correo electrónico amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com ou a través do teléfono 659523960.