Skip to main content
CastroverdePedrafita

Castroverde e Pedrafita agrupan o servizo de Secretaría e Intervención

Por 14 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

O Consello da Xunta deu o visto e prace ao proxecto de decreto polo que se aproba a agrupación voluntaria entre os concellos lugueses de Castroverde e Pedrafita do Cebreiro para o mantemento en común do posto de traballo de secretaría-intervención.

Búscase así garantir unha maior eficiencia e racionalidade dos recursos humanos, xa que a agrupación constitúe unha medida de aforro sen perda de capacidade na xestión administrativa.

Coa iniciativa ambos os concellos adaptan as súas estruturas de persoal ás circunstancias derivadas da diminución paulatina da poboación nos últimos anos, o que orixinou unha redución das tramitacións administrativas precisas e de ingresos procedentes de impostos e taxas. 

O posto de traballo resultante da agrupación clasifícase como secretaría de clase 3a da subescala secretaría-intervención e proverase por concurso. O cargo resérvase a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.  

A maiores, o proxecto de decreto aprobado hoxe polo Consello da Xunta inclúe os estatutos polos cales se rexerá a agrupación voluntaria.