Skip to main content
Castroverde

Castroverde acollerá un obradoiro de memoria a partir de novembro

Por 20 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Castroverde organiza un obradoiro de memoria para maiores de 55 que se desenvolverá todos os martes e xoves de 11.00 a 13.00 horas.

O obradoiro terá lugar no concello vello con unha duración de dous meses.

Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición ata o 31 de outubro.

As clases, que serán gratuítas, está previsto que dean comezo o xoves 3 de novembro.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo nas oficinas do Concello de Castroverde.