Skip to main content
Lugo

A maxia das parroquias: San Miguel de Bacurín

Por 9 Outubro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

San Miguel de Bacurín é unha parroquia do municipio de Lugo que está formada por seis núcleos de poboación As Corredoiras, Bacurín, Carricova, Mourentaos, Portafontao e Vigo. A parroquia conta con unha poboación total de 52 habitantes sendo Bacurín e Vigo os seus núcleos máis importantes.

Ubicada na etapa do camiño primitivo que vai dende Lugo ata San Romao de Retorta pódese coñecer parte desta parroquia recorrendo este pequeno tramo rodeado de carballos e castiñeiros centenarios. Esta parroquia tamén garda unha importantísima peza románica do século XII a Igrexa de San Miguel de Bacurín que dende o 960 xa se menciona en algúns documentos e a partir do século XIII xa se repite con certa frecuencia.

Esta igrexa, aínda que non destaca polas súas dimensión é un gran exemplo do románico rural galego e conta con unha única nave rectangular cuberta de madeira con catro ventás sinxelas, dúas a cada lado. A fachada principal sufriu importantes reformas pero aínda conserva a porta románica abucinada con tres arquivoltas molduradas. A ábsida ábrese á nave con un arco triunfal de medio punto sostido por semicolumnas e está dividido en dous tramos, o primeiro recto con cuberta de bóveda de canón e o segundo semicircular con cuberta de bóveda de cuarto de laranxa.

A igrexa conta tamén con una sacristía adosada o lateral dereito que é de unha época posterior o resto da edificación. No ano 2020 o Concello de Lugo organizou os Premios Connexio para proxectos de creación artística en seis igrexas do camiño primitivo dentro do municipio. Na igrexa de San Miguel de Bacurín o artista Álvaro Negro propuxo unha instalación de varias pezas sobre as tres paredes exteriores da sancristía. Estas tres pezas estaban esculpidas en granito negro, o mesmo material que algunhas tumbas do cemiterio.

No seu interior a igrexa garda varios retablos, o maior da época barroca, dos séculos XVII-XVIII con una imaxe se San Miguel e un Sagrado Corazón actual. Na parte posterior do retablo permanecen ocultas unhas pinturas que están sin catalogar.

Posiblemente un dos maiores atractivo desta construción radique nas dezaseis cabezas de vigas que asoman o exterior e que rodean a ábsida que se encontran en gran estado de conservación e representan desde cabezas de animais, tales como lobos ou carneiros, ata escenas eróticas. Moi próximo a igrexa tamén se pode atopar outro dos atractivos desta parroquia o Pazo de San Miguel. Unha gran casa amuralla que conta con un amplo patio e que conserva da época barroca o escudo en pedra que forma parte da decoración da porta.