Skip to main content
Lugo

Dakidarría, Andre Motis e Muchachito Bombo Inferno encherán de música esta noite de venres

Por 7 Outubro, 2022Sin comentarios

Dakidarría, Andrea Motis e Muchachito Bombo Inferno serán os encargados dos concertos desta noite de venres no San Froilán. Xunto a eles, Minton´s JAszz e Skintight que acutarán de teloneiros.

Andrea Motis é unha trompetista, saxofonista e cantante que chega a Lugo para presentar o seu novo proxecto, Loopholes, onde se aventuran os dominios do funk, neo soul, hip hop e incluso se achega á cumbia colombiana coa súa persoal versión de El Pescador. A actuación terá lugar ás 21.00 na praza de Santa María.

Por a súa banda a agrupación catalana Muchachito Bombo Infierno, liderada por Jairo Perera chega a Lugo cunha formación ao estilo Marching Band. Un show enérxico onde o repertorio de Muchachito Bombo Infierno mostra novos arranxos cunha potente selección de metais, percusión e coa guitarra de Muchachito. A actuación do grupo catalán será ás 22.00 na praza Horta do Seminario e Skintight ás 21.00.

O grupo galego Dakidarría actúan esta noite ás 23.00 na praza Santa Maria. Tras 18 anos dende a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a Dakidarría como unha banda histórica no panorama galego e estatal. Alcanzan a maioría de idade mentres ultiman o lanzamento do seu sexto disco de estudo Colaxe, sendo a banda referencia da música contestataria galega. Con ampliación de formación retoman a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en tódolos lugares que sexa posible con Colaxe Tour.

Para rematar a noite haberá unha verbena na praza Maior estará amenizada pola orquestra Arizona e dará comezo ás 23.00 e os Festicultores Troupe actuarán polo recinto histórico dende ás 00.30.