Skip to main content
Lugo

O San Froilán continúa coa súa programación e celebra hoxe o día dos maiores

Por 10 Outubro, 2022Sin comentarios

O Vello Cárcere acolle ás 12.00 a VI Cultura e tradición no Camiño a cargo de Traxandaina no que haberá demostracións de eleboración de zocos, zocas e unha exposición de colchas.

A asociación Cántigas e Frores recorrerá dende ás 12.00 as rúas do Progreso, Raíña, San Marcos ou Campo Castelo con un pasacalles cheo de música.

O San Froilán celebra hoxe o día dos maiores cunha verbena ás 17.30 na que a orquestra Stereo encherá de música a praza Maior. Ás 20.00 os Xigantes e cabezudos con Airiños de Orbazai actuarán tamén na praza Maior.

Para os mais pequenos ás 18.30 o grupo de treatro Marionetas Trécola estará co seu espectáculo Piccole Theatre na carpa do San Froilán Miudo. Airiños de Orbazai estará cun pasacalles polo recinto histórico e a zona de viños de Tienería dende ás 20.30.

Os concertos de este luns día 10 darán comezo ás 20.00 na praza da Mosqueira co grupo lucense Arrhythmia e continuará ás 21.00 na praza de Santa María con Xoel Curiel que terá como teloneiros ás 20.00 a Branca Villares e Pablo Pintor.