Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O CEI Nodus acolle unha charla sobre fracaso empresarial

Por 10 Outubro, 2022Outubro 13th, 2022Sin comentarios

Javi Moral estará este xoves impartindo unha charla no Día do Fracaso sobre como xestionar o fracaso empresarial. O deseñador e director creativo especializado en emprendement coworking e creación e construción de comunidades estará o 13 de outubro no CEI Nodus.

O impulsor de El Éxito del Fracaso será o relator da seguinte charla de alto impacto que a Alcaldía de Lugo ofrecerá dentro do movemento Localmente Lucense, posto en marcha por Lara Méndez.

“O obxectivo é inspirar a persoas emprendoras e conmemorar esta xornada lembrando que se pode aprender máis dos fracasos que dos éxitos”, sinalou a rexedora ao tempo que explicou que o evento “pretende ser un intercambio de experiencias, problemas e solucións abordando esta cuestión dun xeito distendido e sincero”.

O encontro, que está dirixido a persoas emprendedoras, ou que estean a piques de selo, e a aquelas outras que busquen aumentar os seus coñecementos cara unha oportunidade laboral, terá lugar o 13 de outubro, de 20:30 a 22:30 horas, nas instalacións do CEI Nodus onde, previamente, esa mesma mañá (de 08:30 a 09:30 horas na Sala Multiusos do Espazo Lab) celebrarase, tamén,  o sétimo almorzo de negocios iniciados ao abeiro desta Estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía lucense, deseñada por Lara Méndez para paliar as consecuencias da crise sanitaria.

Para participar nestas accións é necesario inscribirse a través das web para a charla e para o almorzo estando o aforo, neste último caso, limitado a 50 prazas.