Skip to main content
Lugo

Novo proxecto para a supresión de pasos a nivel no concello de Lugo

Por 20 Outubro, 2022Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou de novos avances por parte de Adif para a mellora do ferrocarril na provincia, neste caso para aumentar a seguridade co proxecto de supresión de pasos a nivel no concello de Lugo.

O Goberno acaba de contratar por un total de 2.283.273 euros o proxecto para a eliminación de pasos a nivel existentes na liña ferroviaria León- A Coruña, que transcorre polo municipio lucense. Concretamente, as obras realizaranse nos puntos quilométricos 428/980, 429/811, 430/129 e 430/407.

As actuacións previstas por Adif para a supresión e mellora da protección de pasos a nivel na provincia teñen como finalidade incrementar as condicións de seguridade das infraestruturas de transporte, tanto para o tráfico viario como para o ferroviario. Nesta liña, Isabel Rodríguez subliñou que a eliminación progresiva da pasos a nivel na provincia de Lugo é unha prioridade para o Goberno co obxectivo de reducir o risco de accidentes.

A subdelegada explicou que a supresión de pasos a nivel realízase atendendo á intensidade de tráfico de vehículos e trens que se rexistran en cada zona, de acordo coa lexislación establecida nesta materia.

Rodríguez sinalou que estes novos investimentos súmanse aos 546 millóns que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través de Adif, achega para a modernización do trazado da liña ferroviaria Lugo-Monforte-Ourense. Neste senso, lembrou o compromiso do Goberno coas conexións por ferrocarril da provincia ao destinar o 76% dos Presupostos Xerais do Estado para o 2023, un total de 137,5 millóns de euros, para melloras no ferrocarril.