Skip to main content
Lugo

Coidemos Lugo estará este sábado en Augas Férreas

Por 21 Outubro, 2022Sin comentarios

A plataforma Coidemos Lugo realizará unha nova actuación o sábado 22 de outubro dende ás 11.00. O punto de encontro será a praza de Augas Férreas.

Unha acción que se suma ás xa realizadas no parque de Paradai, no barrio do Castiñeiro, na Milagrosa, Montirón, ou no Casco Histórico da cidade entre outras.

Coidemos Lugo é un movemento social lucense que procura xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos.