Skip to main content
Lugo

O BNG realiza unha viaxe en ferrocarril ata Parga para lembrar que Lugo Quere Tren

Por 24 Outubro, 2022Outubro 25th, 2022Sin comentarios

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con outros cargos orgánicos e institucionais do BNG na comarca de Lugo protagonizaron unha viaxe en tren de Lugo a Parga para “reclamar un servizo axil de ferrocarril que sirva para unir Lugo co resto de capitales galegas e estatais”. Arroxo lembrou a manifestación que ten convocada o BNG para o 28 de outubro na que “se demandará un ferrocarril digno para Lugo baixo as siglas LQT (Lugo Quere Tren)”. A manifestación partirá, ás 20:15, da praza Maior e rematará diante da Subdelegación do Goberno.

Arroxo lembrou que o BNG entregou no ministerio de transportes en Madrid “máis de 4.000 sinaturas das veciñas e veciños de Lugo que reclaman ao goberno do estado un compromiso real con Lugo”. “Hai mobilizarse para que Lugo dispoña duns servizos ferroviarios dignos que respondan ás necesidades das veciñas e veciños despois de anos de abandono por parte dos distintos gobernos do estado” sinalou Rubén Arroxo.

“Os orzamentos presentados non melloran a situación de Lugo, deixando de lado máis a necesaria mellora das infraestruturas ferroviarias que precisa Galiza e sobre todo a posibilidade de ter un tren de cercanías propio que nos permita desprazarnos entre vilas e ciudades próximas”, afirmou Arroxo, que engadiu “Lugo sigue á cola nos investimentos, especialmente no ferrocarril, onde continuaremos con infraestruturas do século XIX”.

O responsáble do BNG, Felipe Rivas, afirmou que “a chegada do AVE a Galicia, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo goberno do estado, só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela”. O BNG recolleu sinaturas nos últimos meses baixo o lema Lugo Quere Tren, buscando “poñer a Lugo no mapa dos servizos ferroviarios, rematando con anos de recortes e eliminacións de conexións que son necesarias para as veciñas e veciños de Lugo”.

Tamén participaron na viaxe, entre outras persoas, Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no concello de Lugo, Olalla Rodil, vicevoceira do Grupo Parlamentar do BNG e outros cargos institucionais e orgánicos do BNG. Ademais estiveron presentes representantes do BNG nos concellos polos que transcurre o trazado ferroviario.