Skip to main content
Lugo

O PP espera que a Deputación respalde que a Axencia Estatal de Saúde Pública se instale en Lugo

Por 25 Outubro, 2022Sin comentarios

O grupo popular defenderá na sesión plenaria que se celebrará hoxe unha proposta para impulsar, apoiar e respaldar dende a Deputación as solicitudes para que a Axencia Estatal de SaúdePública teña a súa sede na capital lucense. Así o anuncia o viceportavoz popular
Óscar Poy, que “considera que é precisa a sumas dos esforzos da Xunta de Galicia e do Goberno de España para converter a Lugo nunha referencia nacional e internacional no deseño, implementación e avaliación de políticas públicas innovadoras no eido da saúde pública”.

Poy destaca que “o primeiro que xustifica que se localice en Lugo a Axencia Estatal de Salud Pública é que a cidade amurallada cumpre un dos requisitos das bases para seleccionar a sede”, xa que se “toma en consideración o fenómeno da despoboación, un factor que afecta á nosa provincia”. O mesmo deputado popular resalta tamén que “en Lugo están o Laboratorio Central de Saúde Pública de Galicia, así como o Laboratorio de Saúde Animal e o laboratorio da Facultade de Veterinaria, que son centros de referencia
nacional”.

Os populares consideran que, “coa Axencia, complementariase a rede de infraestruturas punteiras de que dispón Lugo vinculada a un sistema público de calidade, do que formará parte o Centro Integral de Saúde da Residencia”. Poy sinala: “Como centro neurálxico en materia sanitaria para España e co apoio dos diferentes organismos que xa existen na cidade, reforzarase a coordinación das distintas institucións e das accións levada a cabo en cada unha delas, xerando sinerxias entre os diferentes centros relacionados coa saúde pública. Tamén permitirá levar a cabo asesoramento técnico para aquelas intervencións que nesta materia efectúen as diferentes administracións públicas, organismos ou institucións”.