Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Lugo Monumental celebra o Samaín con diferentes actividades para os nenos

Por 27 Outubro, 2022Outubro 31st, 2022Sin comentarios

A asociación Lugo Monumental organiza un ano máis o Truco ou Trato para celebrar este Samaín.

O Truco ou Trato dará comezo o sábado día 29 con un obradoiro de pintado de caras que terá lugar dende as 12 da mañá na Praza de San Marcos, fronte á Deputación Provincial. No caso de que o tempo non o permita trasladarase ao salón de actos da Deputación. O obradoiro consistirá nunha demostración con varios modelos de maquillaxe de Samaín onde se explicarán aos pais e nais dos nenos cómo facer unha caracterización. É preciso anotarse na libraría infantil El Faro de los Tres Mundos.

O luns 31 a asociación organiza a actividade de truco ou trato na que este ano participan mais de 60 locais que repartirán doces de balde aos nenos. Os establecementos participantes repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar e para
recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Non é preciso que que os nenos vaian disfrazados nin inscrición previa, simplemente achegarse ata os locais e decir “truco ou trato”.

Estará tamén o fondo fotográfico, obra de Lucía Barrios, no local de Ajuar Decoración da Galería que comunica Campo Castelo coa Praza Maior.

O día 31 entre as 19.30 e as 2030 haberá un pasarrúas do grupo Troula grazas á financiación conxunta, froito da colaboración entre a Asociación Lugo Monumental e o Concello de Lugo a través da iniciativa Localmente Lucense. O pasarrúas será moi vistoso combinando personaxes de medo e incluso lume.