Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A Tineria celebra a primeira festa das meigas o sábado

Por 27 Outubro, 2022Outubro 29th, 2022Sin comentarios

O barrio da Tinería acollerá este sábado a I Festa das Meigas, promovida polo Goberno de Lara Méndez, dentro da campaña de fomento do consumo local e apoio ao comercio e a hostalería da cidade, con motivo da celebración do Samaín. Esta campaña inclúe tamén un concurso en redes sociais; unha xincana con varias probas; así como a presenza de dous animatores caracterizados que percorrerán as rúas dos diferentes barrios de Lugo, do 24 ao 28 de outubro de 18:00 a 20:00 horas e o 29 de outubro de 12:00 a 14:00 horas.

A actividade do sábado enmárcase, así mesmo, dentro das accións de dinamización específicas do movemento Localmente Lucense para o desenvolvemento económico e social do barrio da Tinería. Deste xeito, coa finalidade de dinamizar as rúas desta zona emblemática da cidade e apoiar aos establecementos de proximidade instalados no viveiro de empresas que habilitou o Concello, porase en marcha unha ampla programación que dará comezo ás 11:00 horas e se estenderá ao longo de todo o día.

Haberá actuacións musicais, pasarrúas, batucada, obradoiros para nenos e nenas e de maquillaxe, chocolatada, un concurso de caracterización e un espectáculo infantil. Toda a información e as bases do certame poden consultarse a través da páxina web

O longo de todo o día haberá música e un photocall. Ás 11.00 dará comezo un pasacalles con carriño musical que percorrerá as rúas do barrio difundindo as actividades do movemento LocaLmente Lucense.

Dende ás 12.00 ata ás 14.00 haberá un obradoiro infantil Complementos de meigas” onde, con materiais doados de traballar, crearanse máscaras, gatos, sombreiros, basoiras… e complementos de meigas desde as máis clásicas ás máis extravagantes. Ás 12.30 dará comezo unha batucada itinerante a cargo do grupo de percusión Asociación Cultural Bloco de Meigallo ambientando e dinamizando a zona.

A sesión vermú comezará ás 13.30 a cargo de DJ Marcon Peón xunto ao gañador do concuro de DJ´s LocaLmenteLucense Kiko Dj. Xa pola tarde, ás 16.00 terá lugar un obradoiro de maquillaxe para quen queira infiltrarse na festa e ir ambientado coa temática da xornada.

O espectáculo infantil Cores. contos e rock and roll a cargo de Ramona Órbita comezará ás 17.00 e ás 18.00 haberá gastromía de meigas, un espazo para lambetadas dulces, taller e chocolatada gratis ata fin de existencias.

A batucada itinerante a cargo do grupo de percusión Asociación Cultural Bloco de Meigallo volverá a actuar ás 18.00 e ás 20.00 dará comezo o concurso desfile A/o meiga/o mellor vestida/o” para todos os xéneros. Pódese participar individualmente, en parella ou grupo. A entrega de premios será ás 20.45 e para rematar a festa ás 21.00 estará a actuación musical de The Big Party.