Skip to main content
Lugo

Volve o sentido de circulación habitual á rúa Bispo Doutor Balanza

Por 31 Outubro, 2022Sin comentarios

O tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou da recuperación do sentido de circulación habitual da rúa Bispo Doutor Balanza, despois de pasar os últimos meses en sentido contrario ao habitual debido á construcción da pasarela peonil do Centro de Saúde de San Roque. Deste xeito, a partir do vindeiro mércores 2, o treito entre as rúas Emilia Pardo Bazán e Carril de Catasol recuperará o sentido descendente previo ás obras.

O tenente alcalde afirmou que “a veciñanza está a desfrutar xa dunha solución de accesibilidade moi necesaria para esta zona da cidade, que soluciona os problemas que se atopaban previamente á hora de acceder ao Centro de Saúde”.

A pasarela construída polo Goberno de Lugo une o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. Isto permite conectar este centro de Saúde coa Rolda de Fontiñas sen ter que subir as costas, aproveitando o ascensor de Fontiñas. No muro inferior o viñetista Luís Davila elaborou un mural.

A pasarela conta cun gálibo de máis de 4 metros, permitindo a circulación de vehículos pola súa parte inferior, e ten unha lonxitude de 34,68 metros Rubén Arroxo explicou que “desde a área de Mobilidade estudamos, desde a nosa chegada ao goberno, as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda, dando continuidade ao ascensor xa instalado e solucionando unha reclamación da veciñanza da zona”.