Skip to main content
Navia de Suarna

Navia celebra un magosto popular o próximo 29 de outubro

Por 11 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Navia de Suarna en colaboración coa Deputación de Lugo organiza un magosto popular. A celebración terá lugar o próximo día 29 de outubro na praza de Proba.

O magosto dará comezo ás 20.00 e ademais de desfrutar deste típico manxar de outono haberá unha degustación de aperitivos típicos da época outonal como touciño, chourizo asado e viño.

Mais tarde a xornada contará tamén con unha actuación musical.