Skip to main content
Axenda CaducadaNavia de Suarna

Este sábado Navia celebra un magosto popular

Por 24 Outubro, 2022Outubro 29th, 2022Sin comentarios

O Concello de Navia de Suarna en colaboración coa Deputación de Lugo organiza un magosto popular. A celebración terá lugar este sábado 29 de outubro na praza de Proba.

O magosto dará comezo ás 20.00 e ademais de desfrutar deste típico manxar de outono haberá unha degustación de aperitivos típicos da época outonal como touciño, chourizo asado e viño.

Mais tarde a xornada contará tamén con unha actuación musical.