Skip to main content
As Nogais

Jesús Manuel Núñez Díaz volve ser elixido presidente do PP das Nogais

Por 23 Outubro, 2022Sin comentarios

Jesús Manuel Núñez Díaz preside o PP das Nogais dende o ano 2007 e volveu resultar elixido presidente da agrupación local nun congreso que contou coa participación do secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; e o coordinador do PP da provincia, José Manuel Balseiro.

Os militantes amosaron o seu apoio ao alcalde e deputado provincial que nomeou no propio conclave aos integrantes da estrutura local do partido que supón “unha renovación total do resto do comité executivo. Trátase dun equipo operativo integrado polas persoas que colaboran diariamente”, segundo manifestou Núñez Díaz. Entre eles, atópanse dous concelleiros do actual goberno municipal como son Fernando Rodríguez, que será o novo secretario xeral; e Isabel Méndez, unha das vogais do comité xunto a Jose Doval, Ovidio Río e Demetrio Ruiz.

O reelixido presidente do PP das Nogais fixo mención especial a Constante Bendoiro que foi nomeado presidente de honra en recoñecemento a “toda unha vida de militancia, dedicación e apoio ao Partido Popular”. Núñez Díaz agradeceu a confianza dos afiliados e sinalou como obxectivos “un intenso traballo para revalidar o apoio dos veciños e volver conseguir o goberno local nas vindeiras eleccións municipais e recuperar o goberno na Deputación Provincial”.

O popular considera que “o noso traballo nos 11 anos de goberno das Nogais serviu para que os veciños e veciñas vexan o cambio e a transformación absoluta do noso concello a tódolos niveis. E o noso obxectivo é seguir traballando e apoiando aos nosos veciños en xeral”.