Skip to main content
Palas de Rei

O castelo de Pambre acolle unha exposición de Álvaro de la Vega

Por 19 Outubro, 2022Sin comentarios

O instituto de Estudos Ulloáns presenta o próximo sábado 22 de outubro a exposición Excéntricas do artista Álvaro de la Vega.

A inauguración terá lugar ás 12 no castelo de Pambre, en Palas de Rei, e na que ademais das obras do artista os asistentes poderán desfrutar dun aperitivo.

A exposición Excéntricas estará dispoñible no castelo de Pambre ata o vindeiro 17 de decembro e poderase visitar en horario de mañá e tarde.