Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Corenta cociñeiras e cociñeiros galegos visitan hoxe a Ribeira Sacra

Por 31 Outubro, 2022Novembro 1st, 2022Sin comentarios

Os cociñeiros e cociñeiras galegos que visitarán durante o día de hoxe a Ribeira Sacra, son membros das catro asociacións provinciais de Cociñeiros de Galicia.

A visita, organizada pola Asociación de Cociñeiros da Provincia de Lugo, está coordinada por Martín Mantilla, propietario do Restaurante Berso de Sober, coa colaboración do Concello de Sober e a Deputación Provincial de Lugo.

Programa

Está prevista a chegada a Sober de todas e tódolos cociñeiros ás 10.00 horas da mañá para saír en autobús ata o embarcadoiro Ponte do Sil onde serán recibidos polo deputado provincial Pablo Ribera. Ás 11.30 horas farán o percorrido no catamarán da Deputación de Lugo  polo Canón do Sil.

Ás 13.15 horas visitarán o miradoiro de Santiorxo e ás 14.00 horas degustarán produtos típicos acompañados de viño da D.O. Ribeira Sacra no Restaurante Berso.

Xa pola tarde, visitarán as Adegas Rectoral de Amandi, Don Bernardino e Guímaro, onde asistirán a catas comentadas dos seus viños.