Skip to main content
Bóveda

Este venres Bóveda desfrutará do ciclo de teatro Expresións Teatrais

Por 18 Outubro, 2022Sin comentarios

O concello de Bóveda inicia este venres día 21 de outubro o seu ciclo de teatro Expresións Teatrais coa obra Bad man, un home malo, á que seguirán catro funcións máis ata finais deste 2022.

Esta primeira peza poderase ver a partir das 20.00 horas no Centro Sociocultural do municipio, é un monólogo cunha parte de concerto dirixida a maiores de 16 anos que conta coa participación da compañía Dr. Moniface.

O luns día 24 terá lugar outra representación, neste caso da obra Procúra-se Pepa A Loba, ás 15.30 horas no Centro Sociocultural. Unha obra de teatro de monicreques dirixida a público infantil que corre a cargo de Cristina Collazo.

O sábado 26 de novembro Bóveda acolle Os Segredos de Greta, ás 19.00 horas no Centro Sociocultural. Destinada a un público adulto, esta obra de teatro é da Compañía The Sastre.

O sábado 17 de decembro, terá lugar a representación do Clowncertazo ás 19.00 horas, para todo tipo de públicos. Unha obra que contará coa colaboración de Falcatrueiros Teatro.

E por último, o venres 30 de decembro, representarase a obra para tódolos públicos O Lazarillo do Miño, ás 19.00 horas da man do Grupo Os Pinchacarneiros.