Skip to main content
Chantada

Chantada imparte o venres unha xornada informativa sobre axudas á PAC

Por 9 Outubro, 2022Sin comentarios

Este venres 14 de outubro celebrarase no concello de Chantada unha xornada informativa sobre as axudas da Política Agraria Comunitaria para os anos 2023 – 2027.

A charla terá lugar no Telecentro de Chantada, situado na rúa Ribeira Sacra número 12, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Sen dúbida supón unha oportunidade para coñecer ao detalle os cambios nas políticas da Unión Europea.

Se es produtor e cobras axudas PAC ou queres comezar a producir, che interesa informarte para coñecer os cambios na PAC dende o vindeiro 2023 e así poder adaptarte para maximizar as axudas e cumprir coas novas obrigas.

Coñece os novos cambios da PAC 2023-2027, moi diferentes aos do anterior período e tódalas liñas de axudas, así coma os novos requisitos para poder cobrar as axudas (será preciso adaptarse ás novas condicións en diferentes ámbitos) e as normas de fertilización (será moi importante adaptarse ao Real Decreto de Normas de Nutrición Sostible nos Solos, que impón límites e condicións á fertilización e aboado).

As inscricións para esta xornada informativa son gratuítas e pódense realizar escribindo ou chamando ao enderezo  asociacion.dpe@gmail.com ou ao teléfono móbil 698 956 453.

Está é unha iniciativa levada a cabo polo concello de Chantada en colaboración coa Asociación para o Desenvolvemento Rural da Produción Ecolóxica de Galicia (Deproeco), Agronovo Ecoloxía e Caixa Rural.