Skip to main content
Chantada

Chantada énchese de actividades esta fin de semana

Por 22 Outubro, 2022Outubro 23rd, 2022Sin comentarios

Hoxe sábado 22 de outubro o concello de Chantada acollerá varias actividades para nenos, rapaces e público de tódalas idades que terán lugar no Auditorio Municipal e no Espazo Xove Chantada.

Ás 12.00 horas no Auditorio Municipal terá lugar a representación do espectáculo A Compostela polas Rutas Xacobeas, para maiores de 4 anos.  Será na Biblioteca Pública Municipal, baixo a dirección da compañía Títeres Cachirulo.

E a continuación, ás 19.30 horas no Auditorio Municipal será a quenda do quinteto de vento metal Turoqua Ensemble no VIII Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo, organizado pola Banda de Música de Chantada.

Títeres Cachirulo

Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: monicreques de fío, guante chino, bunraku, guiñol, sombras, obxectos e teatro de rúa.

As súas obras percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América cultivando importantes premios.

Cachirulo caracterízase por realizar un importante traballo de creación e investigación con mestres do teatro de títeres como Francisco Peralta, Yang Feng, Guaira Castilla ou Chris Geris, da compañía belga Plansjet.